Confederación Galega de Persoas con Discapacidade
O equipo de Dixardín, unha das dez empresas de COGAMI Empresarial, incorpora pequenas construcións de fantasía entre as árbores do Parque Municipal das Pedrosas, en Silleda, para crear un espazo máis atractivo e lúdico para as familias e a infancia.
A Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e outras Patoloxías Vasculares Periféricas (AGL) conta este co apoio de persoal administrativo para facilitar e mellorar o día a día deste tipo de xestións.
As actuacións realizadas inclúen mobiliario novo, electrodomésticos e ferramentas para o mantemento das zonas exteriores. Contou co apoio de COCEMFE, Fundación ONCE e os fondos do 0,7 % do IRPF.
A formación, de 508 horas e cofinanciada pola Xunta e o Ministerio de Educación, inclúe 108 horas de formación práctica en empresa.
A Organización participou nunha xornada de entidades celebrada no salón de actos de AIXIÑA, na que deu a coñecer os recursos que ofrece nos ámbitos da promoción da autonomía persoal e da inclusión laboral.
Denominado “Programa de atención social, asesoramento e intervención II”, está financiado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF.
As barreiras en campamentos de verán e praias seguen limintando o dereito ao lecer en igualdade de oprtunidades das persoas con discapacidade.
A escaseza de vivenda e os prezos elevados agravan unha realidade xa crítica para as persoas con discapacidade, que afrontan ademais a falta de accesibilidade como unha barreira estrutural que limita os seus dereitos.
A logopeda da entidade Párkinson Coruña, Alba Gómez, fala sobre o estudo que realiza para o seu doutorado na Universidade da Coruña, que permitirá mellorar a calidade de vida das persoas con párkinson a través dos servizos de logopedia e fisioterapia.
O programa Un Café con Eva de Radio Voz entrevista a Lupe Lago, terapeuta ocupacional da entidade A Xanela de As Pontes, para explicar a programación que está a levar a cabo esta entidade na comarca.
A coordinadora da Comisión Sociosanitaria de COGAMI, Laura Quintas, falou da campaña Invisibles da discapaciade orgánica no programa Convivir da Radio Galega.
O programa Un café con Eva Millán entrevista a Ángela Labandeira para falar do proxecto Rumbo, co que se pretende retrasar a non desexada institucionalización e favorecer a permanencia na contorna familiar, social ou comunitaria,.
O programa de Radio Voz entrevista á traballadora social da asociación AGL, María Araújo, para falar sobre o lipedema, enfermidade que carece de recoñecemento polo sistema sanitario, co que as mulleres que a teñen están dobremente estigmatizadas.