AEPEF presente na Xornada polo Día das Enfermedades raras no Hospital de Lugo (HULA)

A Delegada de AEPEF en Gailcia así como algunha outra asociada en Lugo acudirá este venres 28 de febreiro ás instalacións do Hospital de Lugo con motivo da Xornada que organiza FEGEREC.

Outras e outros asociados tamén participarán nas outras actividades previstas na localidade.

Mais información: 

Día mundial das enfermidades raras ·

Mesa coloquio ¨A relevancia da xenética e o cribado neonatal das persoas con enfermidades raras¨

10:00h Hospital Universitario, Lucus Augusti - salón de actos

 

AEPEF desexa animar ás persoas interesadas en coñecer a realidade de pacientes así como as actividades , proxectos e accións que levamos a cabo, animándoche a visitar a web da asociación www.aepef.org Se tes PEF ou coñeces a alguén que a teña, non dubides en que podes contar connosco. Accede á web, asóciache, colabora, infórmache, visibilízanos.