Os centros de recursos prestan servizos de apoio ás necesidades das persoas con discapacidade e familias.
Un equipo de profesionais valora individualmente, en colaboración coa propia persoa e familia, as necesidades das persoas para deseñar un plan de atención axustado ás súas capacidades.
Os centros de recursos ofrecen prazas de centro de día e ocupacional concertadas nas que desenvolven os seguintes servizos:
- Información e asesoramento - Rehabilitación
- Educación básica - Obradoiros de emprego
- Formación - Intermediación laboral
- Actividades deportivas e de lecer - Transporte adaptado
Podes descargar máis información aquí
Consulta a memoria de actividades dos centros neste enlace
Se queres obter máis información do que son os centros de recursos, podes contactar nestes enderezos: